domingo, 27 de outubro de 2013

Por que se produce?

O acoso escolar prodúcese cando un neno ou xoven acostúmase a que non haia consecuencias nos seus actos, que viva nun mal ambiente ou que teña medo de sufrir acosos escolar.

*Perfil da vítima de acoso escolar
•Non ten popularidade entre os seus compañeiros. Non consigue ter boas relacións e é rexeitado. O medo é característica de personalidade. Iso o leva a unha adolescencia infeliz.
•Ten temperamento débil. É tímido e inseguro. Mostra baixa autoestima.
•Soe obter fracasos no colexio.
•Déixase gañar polos sentimentos de culpabilidade.
•Tende á depresión.

•Está demasiado protexido pola familia polo que carece de habilidades para enfrontarse ao mundo.
*Perfil do acosador
•Ten maior popularidade e apoio.
•Carece de sentimento e de culpabilidade.
•Non se obedece as normas de condutas claras e ten o control na familia.
•Ten o temperamento compulsivo e agresivo. Os enfados son incontrolados.
•Non coñece a autoridade e non cumpre as regras.
•Mostra pouco interese polos estudios e ten baixa autoestima académica.
•Moitos proceden de fogares que se caracterizan pola súa alta agresividade, violencia e falta de cariño na
familia.
•Consume alcohol ou outras drogas.

Agora os deixamos un vídeo no que se explican as causas do acoso escolar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario