martes, 29 de outubro de 2013

Sesión 6

data
Tarefas realizadas  / pendentes / acordos /…
Valoración
29/10/2013
Hoxe seguimos a investigación. Imos ao día. Está todo publicado, e en galego. Temos que engadir cousas nas entradas "Como e Onde se produce" e en "Por qué se produce?". Pero o faremos o próximo día.
Todos traballamos, fixemos a nosa parte.

Como intervir?

Hai que poñer os feitos en coñecemento dos profesores e da dirección do centro. Hai unha cousa moi importante que todos os pais deberían facer no caso de problemas de acoso e é tan sinxelo como preparar un escrito relatando o máis claramente posible os feitos e presentala no departamento de inspección escolar e entregalo no rexistro.
Un caso real que sucedeu o ano pasado, e que destacou moito, foi o  de Amanda Todd, unha rapaza de 15 anos que suicidouse por fotos e insultos.

luns, 28 de outubro de 2013

Sesión 5

data
Tarefas realizadas  / pendentes / acordos /…
Valoración
28/10/2013
Hoxe seguimos a investigación. Imos ao día. O secretario encargarase de publicar o que fixemos hoxe. Tamén cambiará o diseño do blog.
 Daniel P.O., Hadriana P.L. e
Jacobo S.B. fixeron a súa parte. Andrea V.A. e Alejandro M.S. estiveron buscando vídeos e non nos pasaron as direccións

Como previr?

A prevención e erradicación do acoso escolar consiste no compromiso de crear un ambiente onde exista convivencia escolar en vez da exclusión. Para iso é importante considerar as seguintes medidas:

Estar informados e alertados
O acoso ocorre xeralmente en sitios como os baños, o patio de xogos, os corredores cheos de persoas, no transporte público, teléfonos móbiles e ordenadores. Se un profesor observa un caso de intimidación na aula, debe intervir inmediatamente para impedilo, logo debe avisar do incidente e informar ao establecemento para que se analicen os feitos, se establezan as causas e se busque unha solución que permita evitar que a situación volva a ocorrer.

Facer participar aos pais/nais ou titores/as e alumnos/as
É necesario facer participar a comunidade educativa na xeración dunha estratexia que permita previr ou intervir nas situacións de acoso.
Crear expectativas positivas con respecto ao comportamento de estudantes e adultos
A comunidade educativa debe saber explicitamente que o acoso escolar é inaceptable. Suxírese redactar documentos onde se especifique que se entende por acoso escolar.

domingo, 27 de outubro de 2013

Por que se produce?

O acoso escolar prodúcese cando un neno ou xoven acostúmase a que non haia consecuencias nos seus actos, que viva nun mal ambiente ou que teña medo de sufrir acosos escolar.

*Perfil da vítima de acoso escolar
Non ten popularidade entre os seus compañeiros. Non consigue ter boas relacións e é rexeitado. O medo é característica de personalidade. Iso o leva a unha adolescencia infeliz.
Ten temperamento débil. É tímido e inseguro. Mostra baixa autoestima.
Soe obter fracasos no colexio.
Déixase gañar polos sentimentos de culpabilidade.
Tende á depresión.

Está demasiado protexido pola familia polo que carece de habilidades para enfrontarse ao mundo.
*Perfil do acosador
Ten maior popularidade e apoio.
Carece de sentimento e de culpabilidade.
Non se obedece as normas de condutas claras e ten o control na familia.
Ten o temperamento compulsivo e agresivo. Os enfados son incontrolados.
Non coñece a autoridade e non cumpre as regras.
Mostra pouco interese polos estudios e ten baixa autoestima académica.
Moitos proceden de fogares que se caracterizan pola súa alta agresividade, violencia e falta de cariño na
familia.
Consume alcohol ou outras drogas.

Agora os deixamos un vídeo no que se explican as causas do acoso escolar.

Cómo se manifesta o acoso escolar?

O Bullying é violencia que pode ser verbal, física, psicolóxica, directa e indirecta na que hai:
1.-Intención de facer dano: Hai unha vítima indefensa e unha persoa agresora consciente do que está a facer.
2.-A repetición das condutas agresivas: Os comportamentos abusivos repítense e crean na vítima expectativas de que pode ser a diana de novo.

3.-Establecemento dun esquema de abuso de poder: Impedir a vítima saír do acoso escolar por si soa.

Os principais tipos de acoso escolar son:
  1. Bloqueo social (29,3%)
  2. Hostigamento (20,9%)
  3. Manipulación (19,9%)
  4. Coaccións (17,4%)
  5. Exclusión social (16,0%)
  6. Intimidación (14,2%)
  7. Agresións (13,0%)
  8. Ameazas (9,1%)
Agora os deixamos un vídeo no que o acoso escolar comeza sendo palabras.


Cando e onde se produce?



O acoso escolar pode producirse en calquera momento do día, xa sexa pola mañá ou pola noite.

Dito problema prodúcese, principalmente, no colexio, na casa ou nas redes sociais.

martes, 22 de outubro de 2013

Sesión 4

data
Tarefas realizadas  / pendentes / acordos /…
Valoración
22/10/2013
Hoxe comezamos a investigación. Temos toda a información; o secretario encargarase de redactala en galego e publicala.
 Todos o fixemos o mellor posible, polo que resultou ben.

Que é o acoso escolar?

bullying.jpg

O acoso escolar é unha especie de tortura. na que o agresor maltrata á vítima, a miúdo co silencio, a indiferenza ou a complicidade de outros compañeiros.

O obxectivo do acoso escolar é intimidar, reducir, someter, emocional e intelectualmente á vítima, con vistas a obter algún resultado favorable para quen acosa ao satisfacer unha necesidade de dominar, someter, agredir e destruír aos demais.

luns, 21 de outubro de 2013

Sesión 3



data
Tarefas realizadas  / pendentes / acordos /…
Valoración
21/10/2013
Estivemos buscando páxinas e vídeos sobre o Acoso Escolar. O secretario engadirá un gadget cos mellores enlaces na súa casa, xa que Blogger volvía a estar con protección infantil.
Buscamos por “Acoso Escolar” e apareceunos...
Buscamos por Bullying Galicia/España e apareceunos...
 Todos o fixemos o mellor posible, polo que resultou ben.

martes, 8 de outubro de 2013

Sesión 2



data
Tarefas realizadas  / pendentes / acordos /…
Valoración
08/10/2013
Estivemos buscando enlaces, pero non os puidemos poñer non target porque o ordenador iba moi lento e non funcionaba.
Non deu tempo porque os ordenadores iban moi lento.
Resultou mal polo problema comentado antes. Todos/as tentamos facer a nosa parte.

luns, 7 de outubro de 2013

Sesión 1



data
Tarefas realizadas  / pendentes / acordos /…
Valoración
07/10/2013
Estivemos enchendo e diseñando o caderno de equipo. Non puidemos subilo a Blogger porque estaba con protección infantil.
 Fixemos o traballo en dous ordenadores.
Deu o tempo xusto.
Resultou  ben porque todos/as fixemos a nosa parte.

Cargos e Funcións 1


 
Cargos e Funcións
Cargo
Funcións e tarefas
Data incorporación
Coordinadora
Hadriana PL
7/10/2013
Modera  as actividades, controla  que se sigan os pasos, é a voceira do equipo.
Secretario
Daniel PO
7/10/2013
Toma notas e enche as follas de equipo, controla o tono de voz.
Responsable do material
Andrea VA
7/10/2013
Encárgase de traer, levar, coidar o material.
Axudantes
Jacobo SB e Alejandro MS
7/10/2013
Axuda a quen o precise, fai as tarefas dun compañeiro/a que se ausente.